AXUDAS PARA O ALUGUEIRO DE VIVENDAS

Dende Avogados Novos queremos facilitarvos a información que nos trasladan os nosos compañeiros da OIH achega das axudas de aluguer aprobadas pola Orde de 24 de novembre de 2014 e cuxo prazo para presentar a solicitudes empezou o pasado martes 20 de xaneiro e remata o 19 de febreiro.

Ditas axudas encóntranse incluídas dentro do Plan estatal de alugueiro e rehabilitación 2013-2016 do Ministerio de fomento, e beneficiarán con carácter preferente a determinados colectivos onde se encontra incluído o das persoas afectadas polos desafiuzamentos da súa vivenda por execucións hipotecarias. As cuantias das axudas ascenderían ata o 40% da renda do aluguer, dependendo dos ingresos e os membros da unidade familiar que convivan no inmoble alugado. O prazo para presentar solicitudes remata o próximo dia 19 de febreiro, e todos os requisitos e detalles do procedemento necesarios para a solicitude das mesmas podedes encontralos neste documento. 

Advertisements

Oficina de Intermediación Hipotecatia de Vigo

logoOIH

    Din que os esforzos inútiles conducen á melancolía (frase atribuída a Ortega y Gasset)… E ben certo é, porque nós xa estabamos a piques de caer presos daquela! Pero gracias ó esforzo e ó empeño de todos e sobre todo gracias á inestimable colaboración da FAVEC acadamos por fin o noso obxectivo: por en marcha a Oficina de Intermediación Hipotecaria de Vigo, que terá a súa sede na Praza da Princesa, 7, 2º andar.

   Concretamente, as 19.30 horas do mércores 1 de outubro de 2014 terá lugar nesta sede a firma do convenio de colaboración coa FAVEC e a correspondente roda de prensa para presentar o servizo á cidadanía.

   Podedes contactar con eles a través do seguinte mail oihvigo@gmail.com