Crónica das I Xornadas de Dereito Penitenciario

A vida tras o muro

I xornada de dereito penitenciario

   Baixo o título “A vida tras o muro” celebráronse as primeiras Xornadas de Dereito Penitenciario na cidade de Vigo, o pasado 24 e 25 de outubro de 2014. As mesmas estiveron organizadas póla Comisión de Dereitos Humanos da Agrupación de Avogados Novos de Vigo e contaron coa colaboración e financiamento do Colexio de Avogados de esta cidade. Os lugares onde as mesmas se levaron a cabo foron o auditorio colexial, situado nos Xulgados e o Museo Marco, antiga prisión municipal panóptica.

   Ao longo dos intensos días analizouse a situación das presas e presos desde unha dupla perspectiva, a legal e a social, que foi realizada por xuristas, expresos, colectivos e agrupacións.

   Nas ponencias da sexta feira contouse con as ponencias do Xuíz de Vixilancia Penitenciaria de Pontevedra, D. Fidel Jesús Río, e os avogados penalistas D. Fernándo Romay e D. Manuel Estévez, que realizaron unha radiografía da situación legal da prisión, e denunciaron a absoluta carencia de medios con os que conta a Administración “con 10.000 expedientes para resolver cada ano é complicado realizar unha análise exhaustiva, se non é a custe de un retraso nas resolución que tampouco resulta admisíbel”, indicou o xuíz Jesús Río. A falta de equipos técnicos nos xulgados materializase na imposibilidade de poder analizar a situación real das persoas presas nas prisións. Ademais a ausencia de recursos implica que a cárcere convertese en un sistema unicamente de castigo sen a posibilidade de xerar unha rehabilitación ou reinserción da persoa condenada. Seguir lendo