Crónica das I Xornadas de Dereito Penitenciario

A vida tras o muro

I xornada de dereito penitenciario

   Baixo o título “A vida tras o muro” celebráronse as primeiras Xornadas de Dereito Penitenciario na cidade de Vigo, o pasado 24 e 25 de outubro de 2014. As mesmas estiveron organizadas póla Comisión de Dereitos Humanos da Agrupación de Avogados Novos de Vigo e contaron coa colaboración e financiamento do Colexio de Avogados de esta cidade. Os lugares onde as mesmas se levaron a cabo foron o auditorio colexial, situado nos Xulgados e o Museo Marco, antiga prisión municipal panóptica.

   Ao longo dos intensos días analizouse a situación das presas e presos desde unha dupla perspectiva, a legal e a social, que foi realizada por xuristas, expresos, colectivos e agrupacións.

   Nas ponencias da sexta feira contouse con as ponencias do Xuíz de Vixilancia Penitenciaria de Pontevedra, D. Fidel Jesús Río, e os avogados penalistas D. Fernándo Romay e D. Manuel Estévez, que realizaron unha radiografía da situación legal da prisión, e denunciaron a absoluta carencia de medios con os que conta a Administración “con 10.000 expedientes para resolver cada ano é complicado realizar unha análise exhaustiva, se non é a custe de un retraso nas resolución que tampouco resulta admisíbel”, indicou o xuíz Jesús Río. A falta de equipos técnicos nos xulgados materializase na imposibilidade de poder analizar a situación real das persoas presas nas prisións. Ademais a ausencia de recursos implica que a cárcere convertese en un sistema unicamente de castigo sen a posibilidade de xerar unha rehabilitación ou reinserción da persoa condenada. Seguir lendo

I XORNADA DEREITO PENITENCIARIO 24 E 25 DE OUTUBRO, VIGO

A vida tras o muro

A vida tras o muro

   A situación interna e a administración dos cárceres é una realidade descoñecida para gran parte da sociedade, na que tamén nós nos temos que incluír. Das nosas visitas a prisión como parte do noso traballo e tamén como Comisión de Dereitos Humanos, tomamos consciencia das dificultades que enfrontan as persoas reclusas no dia a día dentro da prisión para ter acceso a asistencia xurídica efectiva  coa que facer valer os seus dereitos, ou o acceso a medicamentos por poñer dous exemplos. Denunciar determinadas situacións que se producen tras o muro, a vez que nos dotamos de ferramentas para afrontalas xuridicamente desde a nosa profesión son as razón polas que nós desde a Comisión de Dereitos Humanos da nosa agrupación  decidimos organizar asI Xornadas de Dereito Penitenciario de Vigo, baixo o título “A vida tras os muros”.

   Agardamos que os próximos 24 e 25 de outubro convértanse en un encontro no que reflexionar e debater sobre as prácticas penais e os métodos punitivos no sistema penal español así como lograr unha formación práctica en dereito penitenciario.

   As Xornadas realízanse en dous espazos diferentes, o 24 de outubro no auditorio do colexio de avogados (rúa Lalín), dia dedicado exclusivamente a Dereito Penitenciario. E o 25 na antiga prisión da cidade, hoxe coñecida como MARCO -Museo de Arte Contemporáneo- (rúa Príncipe), onde contaremos con poñentes de diferentes áreas, letrados, académicos, organizacións sociais de diferentes lugares da xeografía estatal, e tamén con un historiador que nos falará de este simbólico edificio ao longo dos anos. Como vedes temos ata o ultimo detalle pensado.

   En organizar estas Xornadas puxemos moito tempo e esforzo desde a nosa modestia, as nosas dubidas e o convencemento de que son necesarios estes foros. Temos que dicir que contamos como co Colexio de Avogados de Vigo  como cooperador necesario, pois é quen financia as xornadas.  A cota de inscrición será de 20€

   Esperamos vervos os próximos días 24 e 25 de outubro e contar con as vosas ideas e reflexións.

   Non dubides en difundir as compañeiras e compañeiros que consideres interesadas

   Formulario de inscrición

   Tríptico das Xornadas (programa) 

Atentamente

A Comisión de Dereitos Humanos

IV XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL

AVOGADOS NOVOS e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), asinaron un acordo de colaboración en virtude do cal os integrantes da Agrupación de Avogados Novos de Vigo disfrutarán dun desconto na IV edición da Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos que terá lugar o vindeiro 10 de outubro na cidade da cultura. 

Dende aqui, queremos animarvos a asistir a esta interesante xornada onde se nos amosará os beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no proceso xudicial, as claves da valoración da proba informática e o relevante papel dos peritos informáticos nas causas xudiciais. Para inscribiros deberedes cubrir o formulario de inscrición e poñer o código que os enviamos por mail a tódolos asociados.  Programa 
Seguir lendo

Doutrina Parot para leigos

Nuestra compañera Sheila Fernandes, nos envía el link a un artículo que escribio sobre la doctrina parot en diario liberdade, os dejamos aqui un extracto y el link al resto del artículo.

  ” Em que consiste a ‘Doutrina Parot’? A Doutrina Parot é umha obra de engenharia jurídica feita em 2006[1] polo Tribunal Supremo do Reino de Espanha (TS), com que justifica a aplicaçom retroativa da lei penal desfavorável para o réu, produzindo-se um aumento da condena nom previsto.

   Consiste em um cômputo diferente dos benefícios penitenciários que se conseguem polo trabalho realizado dentro da cadeia. Antes da aplicaçom da doutrina, o artigo 100 do Código Penal (CP) de 1973, permitia descontar um dia de condena por cada dous dias de trabalho dentro do centro penitenciário. Este desconto fazia-se no total da pena acumulada, que para o caso das pessoas cumprindo sentença pola legislaçom do 73, é de um tempo máximo de 30 anos. Porém, com a doutrina que pretendia impor o TS isto seria feito nom no total acumulado, e que se acorda por sentença, mas em cada pena sem acumular, o que prolonga a estância na prisom.

     Vulneraçons de princípios na Doutrina Parot?

   O Supremo via jurisprudencial dilapida dous pilares básicos do chamado ‘Estado Social e Democrático de Direito’. Estes princípios som:”     Continúa

 También nos envía programa de Galiza Ano Cero, donde se  aborda el  tema de las Políticas del Miedo, os dejamos el link al video y el nombre de los ponentes

A recente reforma do Código Penal volve traer un novo endurecemento e unha ampliación das penas nun Estado que xa de por si sostiña un dos sistemas máis restritivos da Unión Europea. Ademáis, a situación de crise a nivel económico e social trae consigo tamén unha xeralización do descontento, que agora está no punto de mira desta nova reforma lexislativa.-“
José Angel Brandariz (Profesor titular da UDC,destacado penalista a nivel nacional e internacional)
Borxa Colmenero (avogado penalista, recente incorporaçom no ICAV)
Marga Tojo, jornalista de El diario
Xosé Lois Santos, activista historico galego e pais de um preso.