Propostas de avogados novos as candidaturas a xunta de goberno do ICAVigo

Como todos saberedes, o vindeiro venres 19 de decembro de 10-14 horas no Colexio de Avogados celebrásense as eleccións da nova Xunta de Goberno.

Avogados Novos, que se mantivo á marxe deste proceso electoral, pretende agora con este documento propoñer 20 medidas a tódalas candidaturas, a fin de coñecer o seu posicionamento ao respecto de cada unha destas propostas. PROPOSTAS ELECCIÓNS AVOGADOS NOVOS 2014

Tamén solicitamos que por parte do Colexio se nos remitisen todos os programas de cada candidatura, ou se sinalase se as candidaturas se presentan sen programa.

Finalmente, Avogados Novos pediu un debate conxunto de todas as candidaturas.

O martes que ven remitiremos un correo explicativo a todos os membros da agrupación coas respostas que nos envien as diferentes candidaturas.

Advertisements

Catro críticas ao concepto violencia contra a muller, para seguirmos avanzando

A nosa compañeiro Sheila Fernández Miguez escribe un interesante artigo sobre o percorrido histórico do termo violencía contra a muller onde nos explica cando e porque nace o concepto e a súa evolución histórica. O artígo remata  con cantro propostas para avanzar neste eido. ARTIGO COMPLETO EN PDF

Resumo: O presente artigo realiza un percorrido pola historia, a ideoloxía e as consecuencias do concepto violencia contra a muller, consagrado a partires da Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller, Resolución da Asemblea Xeral 48/104, de Nacións Unidas, do 20 de decembro de 1993.

Sumario: I. Orixes da data; II. Cómo se chega, e qué se , en dereito internacional por violencia contra a muller?; III. Catro críticas ao 25 de novembro para seguirmos avanzando; IV. Conclusións; V. Bibliografía.
Seguir lendo

Crónica das I Xornadas de Dereito Penitenciario

A vida tras o muro

I xornada de dereito penitenciario

   Baixo o título “A vida tras o muro” celebráronse as primeiras Xornadas de Dereito Penitenciario na cidade de Vigo, o pasado 24 e 25 de outubro de 2014. As mesmas estiveron organizadas póla Comisión de Dereitos Humanos da Agrupación de Avogados Novos de Vigo e contaron coa colaboración e financiamento do Colexio de Avogados de esta cidade. Os lugares onde as mesmas se levaron a cabo foron o auditorio colexial, situado nos Xulgados e o Museo Marco, antiga prisión municipal panóptica.

   Ao longo dos intensos días analizouse a situación das presas e presos desde unha dupla perspectiva, a legal e a social, que foi realizada por xuristas, expresos, colectivos e agrupacións.

   Nas ponencias da sexta feira contouse con as ponencias do Xuíz de Vixilancia Penitenciaria de Pontevedra, D. Fidel Jesús Río, e os avogados penalistas D. Fernándo Romay e D. Manuel Estévez, que realizaron unha radiografía da situación legal da prisión, e denunciaron a absoluta carencia de medios con os que conta a Administración “con 10.000 expedientes para resolver cada ano é complicado realizar unha análise exhaustiva, se non é a custe de un retraso nas resolución que tampouco resulta admisíbel”, indicou o xuíz Jesús Río. A falta de equipos técnicos nos xulgados materializase na imposibilidade de poder analizar a situación real das persoas presas nas prisións. Ademais a ausencia de recursos implica que a cárcere convertese en un sistema unicamente de castigo sen a posibilidade de xerar unha rehabilitación ou reinserción da persoa condenada. Seguir lendo

I XORNADA DEREITO PENITENCIARIO 24 E 25 DE OUTUBRO, VIGO

A vida tras o muro

A vida tras o muro

   A situación interna e a administración dos cárceres é una realidade descoñecida para gran parte da sociedade, na que tamén nós nos temos que incluír. Das nosas visitas a prisión como parte do noso traballo e tamén como Comisión de Dereitos Humanos, tomamos consciencia das dificultades que enfrontan as persoas reclusas no dia a día dentro da prisión para ter acceso a asistencia xurídica efectiva  coa que facer valer os seus dereitos, ou o acceso a medicamentos por poñer dous exemplos. Denunciar determinadas situacións que se producen tras o muro, a vez que nos dotamos de ferramentas para afrontalas xuridicamente desde a nosa profesión son as razón polas que nós desde a Comisión de Dereitos Humanos da nosa agrupación  decidimos organizar asI Xornadas de Dereito Penitenciario de Vigo, baixo o título “A vida tras os muros”.

   Agardamos que os próximos 24 e 25 de outubro convértanse en un encontro no que reflexionar e debater sobre as prácticas penais e os métodos punitivos no sistema penal español así como lograr unha formación práctica en dereito penitenciario.

   As Xornadas realízanse en dous espazos diferentes, o 24 de outubro no auditorio do colexio de avogados (rúa Lalín), dia dedicado exclusivamente a Dereito Penitenciario. E o 25 na antiga prisión da cidade, hoxe coñecida como MARCO -Museo de Arte Contemporáneo- (rúa Príncipe), onde contaremos con poñentes de diferentes áreas, letrados, académicos, organizacións sociais de diferentes lugares da xeografía estatal, e tamén con un historiador que nos falará de este simbólico edificio ao longo dos anos. Como vedes temos ata o ultimo detalle pensado.

   En organizar estas Xornadas puxemos moito tempo e esforzo desde a nosa modestia, as nosas dubidas e o convencemento de que son necesarios estes foros. Temos que dicir que contamos como co Colexio de Avogados de Vigo  como cooperador necesario, pois é quen financia as xornadas.  A cota de inscrición será de 20€

   Esperamos vervos os próximos días 24 e 25 de outubro e contar con as vosas ideas e reflexións.

   Non dubides en difundir as compañeiras e compañeiros que consideres interesadas

   Formulario de inscrición

   Tríptico das Xornadas (programa) 

Atentamente

A Comisión de Dereitos Humanos

Sentenza que obriga a derriba a cruz dos caídos.

   Hoxe os traemos unha interesante sentenza do Xuzgado Contencioso nº 2 de Vigo na que se obriga a derribar a cruz dos caídos ubicada no monte do castro

cruz dos caídos no castro, que o xuiz ordenou derribar

    Tras unha demanda interposta pola Asociación Viguesa por la Memoria del 36 , estimase que debe retirarse a cruz como símbolo que supón un permanente agravio para as víctimas da represión fascista. É moi interesante ler os fundamentos de dereito 3º y 4º pola su contundencia e claridade.
 
   Dende Avogados Novos pedimos o Alcalde da cidade, Abel Caballero que non recorrra a sentenza e proceda de inmediato a executar a resolución xudicial liberando a aba do Castro do ignominioso símbolo falanxista.