Crónica das I Xornadas de Dereito Penitenciario

A vida tras o muro

I xornada de dereito penitenciario

   Baixo o título “A vida tras o muro” celebráronse as primeiras Xornadas de Dereito Penitenciario na cidade de Vigo, o pasado 24 e 25 de outubro de 2014. As mesmas estiveron organizadas póla Comisión de Dereitos Humanos da Agrupación de Avogados Novos de Vigo e contaron coa colaboración e financiamento do Colexio de Avogados de esta cidade. Os lugares onde as mesmas se levaron a cabo foron o auditorio colexial, situado nos Xulgados e o Museo Marco, antiga prisión municipal panóptica.

   Ao longo dos intensos días analizouse a situación das presas e presos desde unha dupla perspectiva, a legal e a social, que foi realizada por xuristas, expresos, colectivos e agrupacións.

   Nas ponencias da sexta feira contouse con as ponencias do Xuíz de Vixilancia Penitenciaria de Pontevedra, D. Fidel Jesús Río, e os avogados penalistas D. Fernándo Romay e D. Manuel Estévez, que realizaron unha radiografía da situación legal da prisión, e denunciaron a absoluta carencia de medios con os que conta a Administración “con 10.000 expedientes para resolver cada ano é complicado realizar unha análise exhaustiva, se non é a custe de un retraso nas resolución que tampouco resulta admisíbel”, indicou o xuíz Jesús Río. A falta de equipos técnicos nos xulgados materializase na imposibilidade de poder analizar a situación real das persoas presas nas prisións. Ademais a ausencia de recursos implica que a cárcere convertese en un sistema unicamente de castigo sen a posibilidade de xerar unha rehabilitación ou reinserción da persoa condenada.

   Na maña do sábado a primeira conferencia correu a cargo do avogado penalista D. Cándido Soria, experto en mediación. Durante a súa intervención deu a coñecer o servizo de mediación que se realiza en Ourense grazas a colaboración entre o Colexio de Avogados de dita citade e un colectivo de avogados de xeito desinteresado. “Cando coñecín a posibilidade real de mediar entre vítima e agresor sentín no xulgado un aire fresco que me atravesou o corpo” sinalou ao longo da súa ponencia. D. Cándido Soria referiuse a mediación penal como “o mellor recurso de resolución de conflitos ante denuncias efectuadas entre veciñanza e familiares”. Entre outras situacións indicou que “tamén foi moi positiva para que a vítima poda entender cáles foron as razóns que provocaron o crime e superar psicolóxicamete o medo e o trauma xerado” . A mediación é posíbel sempre e cando queira acollerse a ela a vítima e permite que exista unha participación activa de ambas partes, o que a fai sentirse directamente parte do proceso de resolución de conflitos. Sentimento que moitas veces non se logra cunha resolución xudicial.

   A segunda intervención foi a cargo de D. Jorge del Cura, representante da Coordinadora Estatal para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT) quen resaltou a importancia da existencia de protocolos e formación para as e os avogados para que coñezan o procedemento de denuncia ante situacións de malos tratos ou de torturas na prisión. Destacou a dificultade extrema de poder demostrar feitos acontecidos na prisión “porque os muros tamén serven de pantalla para poder non poder ver fora o que sucede dentro” e analizou a situación que se vive en España, e que ten provocado redacción de informes, recomendacións e condenas por parte das institucións europeas e Organizacións Internacionais. Tamén denunciou a levedade das penas impostas ao funcionariado cando son condenados por torturas ou malos tratos. E a existencia da tortura branca de compoñente mais psicolóxico que físico, que conta con prácticas moi estendidas como son o control das visitas de familiares e vis a vis a familiares, os traslados de centro penitenciario, traslados de módulo ou o emprego de réximes de illamento.

   Na sesión de tarde contouse con unha visita guiada polo Museo Marco, realizada polo historiador Uxio Reinoso, quen falou da historia de estas instalacións como prisión. E con a conferencia do sociólogo xurídico D. Daniel Jiménez Franco introduciu a discusión dialéctica sobre o sentido de diferentes conceptos como o crime, delito e pena. Analizando o “cómo” do incremento exponencial da poboación en prisión desde os inicios da década dos 70 (na que había unha media de 7.000 persoas recluídas). En 2010 acadouse a cifra máxima de 77.000 persoas recluídas, e na actualidade a cifra situase entorno as 64.000. O Estado español conta cunha das poboacións reclusas mais altas do mundo, e a taxa de criminalidade mais baixa entre os países democráticos. Daniel Jiménez mostrase absolutamente partidario das teorías abolicionistas e crítico con o modelo actual de prisión e castigo.

   As Xornadas finalizaron con unha mesa de debate da que formaron parte agrupación que traballan de forma voluntaria en prisións como son Concepción Arenal de Vigo, a campaña “Cárcere=Tortura”, novamente D. Jorge del Cura e Carlos Muñoz. Este último relatou a súa situación persoal vivida ao longo de anos polos que estivo en diferentes centros penitenciarios, recordando que os aboados non penalistas, non deben esquecerse dos seus clientes unha vez estes entran en prisión, e que serve de moito que manteñan as vistas e axuden na redacción de instancias e queixas, xa que a maior parte das persoas presas non contan con os coñecementos necesarios. Tamén denunciou a destrución progresiva que sofren as persoas presas no seus dereitos e personalidade ao longo dos anos que están recluídas.

   Indicouse por último a situación de precariedade engadida que padecen as mulleres presas por falta de recursos específicos para este colectivo, que contan con un número inferior de instalacións preparadas para elas (ao ser superior a porcentaxe do homes presos), de medios necesarios adaptados e incluso de prisións en que podan ser internas, xa que non todas contan con módulo feminino. Isto provoca que moitas veces cumpran a súa pena en centros penitenciarios afastados do seu núcleo familiar e social. Padecen una situación de dispersión territorial que remata con o desarraigo. A pena que sofren é dupla, sinalaron, porque “no só é culpábel de un delito, senón que a maiores a sociedade recrimínalle que teña rachado con a imaxe feminina que debe ter unha muller de responsabilidade e inocencia. Unha muller presa ou expresa sempre está peor vista pola sociedade do que un home.

Álbum Xornadas

  Outuro de 2014.

Comisión de Dereitos Humanos.

Advertisements

e ti que opinas

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s